viernes, 19 de junio de 2020

Galdiño e as súas recomendacións


Dende o blog da biblioteca se fan unha serie de recomendacións e libros de lectura moi interesantes para este verán. 
Visitade o blog da biblio e tomade boa nota por se algún vos interesea. Na biblioteca municipal de Viveiro seguro que teñen algúns destes libros ou outros que vos gusten. Eso sí, leede moito.

FIN DE CURSO

Ola rapazada! Xa chegaron as vacacións de verán! Este último día de clase estariades todos nerviosos coa vosa actuación de fin de curso, as notas, as despedidas dos vosos profes... Pero este final de curso foi algo atípico e distinto a o que vides facendo outros anos. 

Eso sí, aínda que non todos xuntos no teatro tedes o voso primeiro festival virtual presentado por uns alumnos do colexio. Espero que vos guste moito todo o festival e a vosa actuación está na segunda parte.  A verdade é que quedou moi chula e orixinal!


Podedes ver o festival virtual no blog de edufisgaldo.














 
  A verdade é que quedou moi chula e orixinal!

Quero daros as grazas polo voso esforzo e traballo durante todo este ano e decirvos que para mi " peques" foi un ano moi especial cheo de emocións. Con vós aprendín moitas cousas  ( de dinosaurios, de como axudábades a os vosos compañeiros...)e sei que os botarei moito de menos.

Pasade un bo verán e grazas.


lunes, 8 de junio de 2020

Festival virtual!

Boas a todos e todas! As semanas van pasando, o bo tempo vai chegando e cada vez temos máis ganas de rematar este "peculiar" curso escolar. Algo moi típico do último día de cole é participar nun festival no que cada grupo prepara a súa actuación estelar. Pois ben, este ano non ía ser menos, e imos facer un FESTIVAL VIRTUAL ;)

Cal será a nosa actuación?

Pois sabendo que este curso traballamos a protección do medio imos cantar VERDESCENTE de Uxía Lambona e a banda molona. Aquí vos deixo a canción para que vaiades pillándolle o gusto. Advirto, tedes risco de tarareala todo o dia sen parar despois da terceira escoita ;)



Ben, pois agora, toca que vos poñades mans á obra. O alumnado de 1º e o alumnado de 2º faredes a mesma canción.

Como? Escoitade varias veces a canción e grabade un vídeo EN HORIZONTAL cantando o anaco que vos corresponde SEN MÚSICA DE FONDO e logo outro bailando. Saberedes a parte que vos toca lendo o seguinte documento coa letra da canción.



O vídeo teredes que grabalo nun espazo natural da contorna que sexa especial para vós e que queirades compartir cos demais. Facendo así especial atención ao coidado da natureza. Ríos, vales, bosques, praias... Onde queirades!!
Tedes como data límite o martes 16 de xuño. Enviade os vídeos ao meu correo electrónico.

jueves, 4 de junio de 2020

A vaca que puxo un ovo


Como sei que vós gustan moito os contos e as historias, deíxovos un conto un pouco raro e divertido.
Gustaríavos escoitalo e velo? Pois aquí volo deixo. Prestade moita atención.


 

O que tedes que facer é cambiar o final da historia, é dicir , inventar un novo final.

lunes, 1 de junio de 2020

SOÑANDO MARES TRANSPARENTES

Durante  todo este curso tan atípico  e diferente traballamos no  proxecto escolar "SOÑANDO MARES TRANSPARENTES".
Para rematalo e con motivo da celebración do DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE ( o 5 de xuño) e o Día Mundial dos Océanos (o 8 de xuño), en BIBLIOGALDO proponse unha actividade final para todo o colexio que consiste en facer unha mensaxe.  

Tedes que ir a páxina de Bibliogaldo e nela se vos explica o que tedes que facer. (A mensaxe pode ser cun río de fondo).

Ánimo, esperamos vosas mensaxes.

sábado, 30 de mayo de 2020

Parabéns Astigar!



Pensabas que non me lembraba? Pois Astigar, aquí vai a túa felicitación.

Desexamos de todo corazón que hoxe teñas un día moi, moi feliz. Oxalá puideramos estar todos xuntos celebrando o teu aniversario pero como non é posible, fácemolo de outro xeito.




 


E agora prepárate a soprar as velas.



Bueno Astigar que teñas un día moi feliz coa túa familia. Un abrazo enorme e ata pronto.



martes, 26 de mayo de 2020

Cuidado o medio ambiente


 Boas pequerrechos! Como sé que vos gustan moito os debuxos . Aquí tedes un vídeo moi divertido e chulo sobre o medio ambiente ( cousiñas que non debemos facer) e como un grupiño de amigos e animais traballan xuntos para mellorar a nosa natureza.
Después de ver o vídeo deberedes facer unha tarefa:






A) Cita 4 animaliños que aparecen no video

b) Os nenos viaxaban en diferentes medios. En que medios de transporte viaxaban os animais e os nenos? Dí algún.