lunes, 30 de marzo de 2020

Recursos on line


Os mando una serie diferente de páginas web donde podeís ver vídeos, leer libros e incluso jugar on line. Estaban funcionando estos días pero la verdad es que hay tal exceso de usuarios al mismo tiempo que las comunicaciones de Internet van bastante lentas.

* Si entráis en aula PT juegos on line 1º primaria encontraréis una cantidad de juegos educativos.Os explico como tenéis que hacer para poder entrar:
https://www.aulapt.org/tag/1o-primaria/

      Entrar en el juego que queréis, le dáis a descarga e iniciar presentación y ya podeís jugar. 
Tenéis un juego llamado ¿De qué animal se trata?; Juego de comprensión lectora sobre los animales de la granja....

* Happy Learning hay muchos vídeos y hay uno llamado Gracias a todos los superheores del coronavirus que está interesante.

* Peekaboo kids son vídeos en inglés 

Estas dos últimas páginas son canales de you tube.

CUANDO TODO PASE....


Grupo De Niños Pequeños Sentados Alrededor Del Maestro Leyendo Una ...


UFF. OS PREGUNTARÉIS QUE ACTIVIDAD ES ESA QUE SE 

TITULA CUANDO TODO PASE.

PENSARÉIS QUE ESTA PROFE ...... ESTÁ UN POCO

  RARA ESTOS DÍAS.

PUES ES MUY SENCILLA.

  SOLO TENÉIS QUE DIBUJAR, ESCRIBIR O MANDA UN MENSAJE CON LO 

PRIMERO O LO  QUE MÁS OS GUSTARÍA HACER CUANDO TODO ESTE PERIODO

 DE CONFINAMIENTO PASE.

MI DESEO SERÍA " CUANDO TODO PASE,  iré caminando hasta Vivero a ver a mi madre y hermana y darles un abrazo".




SALUDOS ESPECIALES

HOLA CHICOS!

¿QUÉ TAL ESTÁIS ? ESPERO QUE BIEN. OS MANDO AQUÍ UNA PEQUEÑA SORPRESA

PORQUE OS ECHO MUCHO DE MENOS.

CADA DÍA QUE PASA, FALTA MENOS PARA PODER DISFRUTAR DEL COLEGIO, PATIO Y

SUS INSTALACIONES. NOS QUEDA PENDIENTE VOLVER A LEER EN EL PATIO, ES UNA

PROMESA..

AHORA OS PROPONGO LOS DEBERES...... QUE CONSISTEN EN ENVIARME UN

MENSAJE POR CORREO ELECTRÓNICO, AUNQUE ME ENCANTARÍA RECIBIRLO EN

EL BLOG.


¡HASTA PRONTO....!

A ESCOLA DE MÚSICA


Ola, a vosa profe Carmen falou conmigo estos días e díxome que lle gustaría que eu e máis vos visitaramos o seu blogue, no que poderemos recrear a nosa experiencia coa música. Chámase "SUPERESCOLA".
Fixádevos moi ben, o seu enlace está na columna da dereita, na sección de BLOGUES DE INTERESE.
Despois tedes que ir a entrada que pon Adestramento musical 1. 

Non vos perdades as novidades!!! 

ᐈ Relacionados con la musica imágenes de stock, dibujos dibujo ...

viernes, 27 de marzo de 2020

Reto matemático

Hola rapaces e rapazas, son a mestra de mate e tamén estou por aquí. Como sei que vos gustan os retos matemáticos e que vos poñan a proba...imos alá! 


Levan dicindo nas noticias varios días que os supermercados se están a quedar sin existencias de papel hixiénico. Non porque a xente merque moito, senón porque os paquetes son moi grandes para almacenar e teñen menos cantidade no almacén en stock. Así que tranquilos, non nos imos quedar sen papel!



Ben, agora preguntade á vosa familia onde gardan as existencias de papel hixiénico para poder comezar a traballar.

Ide lendo e contestando pregunta a pregunta. Non pasedes á seguinte ata non contestar a anterior e ide anotando e explicando as respostas por escrito nun papel. 


1. Colle os paquetes de papel hixiénico.

 - Cantos paquetes de papel hixiénico tes na casa? 
 - Cantos rolos de papel ten cada paquete?
 - Entón, cantos rolos de papel hixiénico tedes en total?
 - Pensa en cantas persoas vivides na casa e reparte. Cantos rolos de papel vos tocan a cada un? Sobra algún? Poderías repartilos dalgunha maneira distinta?
 - Cres que vos chegarán para unha semana ou teredes que mercar máis?

2. Colle un deses rolos e corta pola liña de puntos un dos anacos de papel.

 - Colle a cinta métrica e observa o espazo que ocupa 1 cm. Mira agora o rolo de papel, pensa e escribe cantos centímetros cres que mide?(Estimación)
 - Logo, colle unha cinta métrica e comproba  o que mide. 
 - Reflexiona, pasáchete ou quedáchete corto? Por cantos cm?


3. Mírate ao espello e colle un paquete de rolos de papel e unha cinta métrica.

 - Pide axuda para medirte. Canto mides?
 - Agora mide ti a un membro da túa familia. Canto mide?
 - Quen mide máis dos dous? Quen mide menos?
 - Colle un rolo de papel hixiénico e, coa axuda da cinta métrica dime, canto mide de alto?
 - Sabendo esto, cantos rolos de papel cres que necesitarías apilar para crear unha torre igual de alta ca ti? E co teu familiar?
 - Comprobao. Estabas no certo? Cantas rolos de máis ou de menos criches que ías necesitar para ti? E para o teu familiar?

4. Agora mándame por correo electrónico (cintia.villarino@edu.xunta.es)unha foto do papel onde anotache e explicache todas as respostas e unha foto xunto á torre de papel hixiénico. Será divertido velas ;)































lunes, 23 de marzo de 2020

ANÍMATE A PARTICIPAR!



Sabíades  que o Concello de Viveiro está a poñer en marcha dúas iniciativas para  fomentar a creatividade de todos os nenos e nenas de Viveiro durante esta temporada
 que temos que pasar nas nosas casas?

Según reciba máis información das inscricións, datas de entrega... volo comunicaréi.

Seguide lendo!!!


viv.jpg


BIBLIO - MASCOTA

Mediante este concurso preténdese escoller a mascota da Biblioteca Pública Municipal durante o ano 2020.

Co debuxo que resulte gañador farase un peluche que, durante un ano se convertirá na mascota da biblioteca municipal. O neno ou nena que resulte gañador / a recibirá un lote de material escolar, ademais dun abono para as actividades infantís do Teatro Pastor  Díaz.

Pero moito ollo!! ... o debuxo que gañe non será o definitivo, posto que cada ano farán unha nova edición desde concurso para que todos teñades a posibilidade de ser os gañadores.


CARTEIS POSITIVOS

Esta actividade é facer carteis no que animedes a xente neste periodo no que non podedes facer a vosa vida normal.

Podedes enviar as vosas fotografías cos debuxos e mensaxes de ánimo que faigades ao enderezo electrónico rbg.cultura@viveiro.es, facendo constar o voso nome e apelidos.

Cando remate esta difícil situación, o concello organizará unha exposición cos traballos recibidos e editará un video conmemorativo destas  datas que están sendo tan complexas para todos.


FESTAAAAA

Unha vez que pase todo isto e poidamos voltar á normalidade nas nosas vidas, o concello organizará unha festa na Praza Maior para todos os nenos e nenas de Viveiro, como mostra de agradecemento polo ben o estades a facer estes días, nos que non podedes saír e nos estades demostrando que sodes pacientes e uns heroes.

Xa me tarda que chegue ese día e poder disfrutar da festa todos xuntos.



Hello!

 Hello children!

O voso profe Javi de Inglés mándavos un saúdo moi grande desde a súa casa e dixo que bo momento para repasar xogando inglés.

Pois aquí tedes unha páxina moi divertida onde atoparedes xogos, actividades, vídeos nos que podedes repasar todo o que víchedes nas súas clases. ( body, animals, Halloween...). Aparece clasificado por topics e é moi sinxelo.

https://www.eslgamesplus.com/

Hai outra máis enfocada a xogos interactivos ( ainda que ten outros recursos)

https://www.funbrain.com/ 

domingo, 22 de marzo de 2020

Recursos


Ola, se premedes nos seguintes enlaces teredes moitísimos xogos e actividades ABN para repasar todo o aprendido.


https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos




rincón de luca http://www.retomates.es/?idw=tt&idJuego=rinconluca
Se poñedes Rincón de Luca xa aparece a páxina

BENVID@S

Ola peques de primeiro!

Ainda que estes días non podemos ir ao cole e compartir o noso corretear, aprender e compartir experiencias na aula e no patio, hai moitas cousiñas e actividades que podedes facer vós nas casas. 

Eu irei colgando tarefas (algunhas delas xa as  puxen por abalar pero penso que aquí podedes velas mellor) e outras páxinas que serán de axuda para estes días nos que temos que estar nas nosas casas.
Podedes enviarme comentarios, traballos  e mensaxes polo blog ou ben tamén o meu enderezo electrónico.

Estade atentos e benvidos!

O MEU DIARIO


Moitos días durante o curso facemos expresión oral na que vós, peques me contades o que fixechedes o día anterior, a fin de semana. 

Eu cando era pequerrecha, encantábame escribir e debuxar no meu diario na que poñía cousas que me interesaban ( con que xogaba, o que facía na escola, ás festas as que ía cos meus amigos...)

Pois agora é o voso momento, terías que facer o voso propio diario no formato como vós queirades (como se fose un libro, un cartafol...) o deixo á vosa imaxinación.
Non tedes porque escribir moito, cun pouquiño chega e incluso facendo un pequeno debuxo.
Sería algo así:

Domingo, 22 de marzo 2020

Almorcei un zume de laranxa e un café. Estiven xogando con Saúl ao monopoly.

Experimentamos coa Ciencia


Ola, lembrades os experimentos que fixemos no clube de Ciencia?
Gustaríavos facer experimentos sinxelos? Pois agora e o momento. Algún de vós xa acudiu ao clube de Ciencia que fixemos no cole.
Se queredes podedes experimentar facendo experimentos sinxelos, aquí vos mando unha páxina de interese con 8 experimentos moi chulos que podedes facer.

Ademais na TVG2 ás 16:30 da tarde hai un programa chamado AQUELANDO na que se fan cousiñas moi chulas sobre a ciencia.

Este é o enlace http://www.crtvg.es/infantil/programas/aquelando
Gustaríame ver os vosos vídeos facendo estos experimentos. https://youtu.be/ppdl_zRB9N8