jueves, 30 de abril de 2020

DIA DA NAI


O primeiro domingo de maio ( é dicir o día 3 de maio) celébrase de forma especial " O día da nai", aínda que deberíades celebrar todos os días do ano o cariño que lle tedes as vosas mamás.

Como non puidemos preparar nada no cole eu propóñovos que lle fagades un regalo especial ( non tedes porque mercarlle nada) senón que lle podedes facer un agasallo feito por vós.

Seguro que as vosas mamás lle gustará moito que vós recordedes dita data tan especial. Mándovos varios vídeos e ideas que lle podedes facer. Aquí van as propostas:

1-Elaborar una tarjeta de felicidades






 2-Flores

 


ESTAS SON ALGUNHAS IDEAS PERO TAMÉN PODEDES FACER UN DEBUXO. PEDIDE AXUDA A PAPÁ OU A O VOSO IRMÁ OU IRMÁN MAIOR QUE VOS AXUDE PARA QUE SEXA UNHA SORPRESA PARA MAMÁ.

GUSTARÍAME QUE ME DIXÉRADES QUE É O QUE LLE DADES DE AGASALLO ( PODEDES MANDAR UNHA FOTO OU ESCRIBILO).

EXPERIMENTO "OS PLÁSTICOS"

Ola rapazada! Este curso estivemos cun proxecto no cole sobre "Soñando Mares Transparentes" e se lembrades estivemos falando sobre a contaminación, os plásticos...

A nosa clase fixo un pequeno traballo de investigación sobre os plásticos ( onde vós díchedes e comentáchedes o que sabíades sobre os plásticos, o que vos gustaría aprender...). Coma remate final a ese proxecto grabamos un vídeo sobre un experimento que tiña relación con ese tema.

Aquí tedes o vídeo que grabamos, fixádevos ben que despois os direi en que consiste o traballo a facer :




TAREFAS:
1- Responde a estas cuestións:


a) Que lles pasou a os tapóns de plástico?

b) Que podemos facer para facer que haxa menos plástico?


2- FAI UN DEBUXO DE COMO PODES AXUDAR A COIDAR O MEDIO AMBIENTE





ADIVIÑAS


Como xa sabedes unha das formas de aprender de forma divertida é xogando. Pois lembrades que vos mandara traer adiviñas a clase? Pois agora é o momento de usalas. Non teño todas as que fixechedes na casa posto que tivemos que saír tan apurados do colea que quedaron alí e ademais  contabámos voltar axiña.

As adiviñas é a nova tarefa que vos propoño. Cada adiviña terá un número e teredes só que poñer o número e a solución ( unhas podedes mandar o debuxo e outras a palabra).

Tamén podedes enviar vós outra adiviña no comentario para que os vosos compañeiros vos den a resposta. Animádesvos a participar.


1-Rico, rico e redondiño.                           2-Coas miñas patas e o meu pico longo
Ten un buratiño no medio                              fago a miña casa nun campanario.
e por fóra chocolatiño.                                     Quen son?
Que é?



3-Xuntos veñen,                                                         4-Na boca en dúas filas
xuntos van,                                                                    listos para mastigar
un vai diante e outro detrás.                                          Brancos e moi limpos
Que son?                                                                        sempre deben estar.
                                                                                        Que son?


5-E redondo e con bastón.                                           6-Que será , será
Líbrame da chuvia e                                                        que de noite sae
tamén do sol.                                                                   e de día se vai?
Que son?

7-Animaliño son. Vivo no mar                                  8-Sae cando chove
e non son peixe.                                                            e a tempo fai sol.
Teño ósos e non espiñas.                                              Ten sete cores
Como polbos e sardiñas.                                               Que bonitos son!
E salto e salto sen fin
porque son un ............



CON TODAS AS ADIVIÑAS QUE RECIBA E MÁIS ESTAS FAREI UN LIBRIÑO QUE VÓS QUEDE DE RECORDO NO COLE PARA TER NA VOSA BIBLIOTECA DE AULA.

martes, 28 de abril de 2020

Reciclando mates

Ides pensar que soño co papel hixiénico. Aínda a risco diso... Aí vai a miña proposta desta semana:

Garda os rolos de papel hixiénico e inventa un xogo matemático con eses rolos. Podes empregar tamén outro material reciclado se o precisas. Pensa que o xogo debe ser un reto para os compañeiros/as.

Unha vez o teñas feito, pensa un nome para o xogo e sácalle unha foto.

Sería xenial que elaborases, usando o procesador de texto, as regras que acompañarán ao teu xogo matemático reciclado. Se é moito texto podes pedir axuda á túa familia. Para saber as partes das que constan as instruccións dos xogos, podes consultar aqueles que teñas pola casa.

Desta maneira elaboraremos un libro de xogos matemáticos de 1º e 2º nos que se incluirán as imaxes, os nomes e as regras do xogo.

Animádevos!


Mestra Cintia

domingo, 26 de abril de 2020

EDUCAFISGALDO

EDUFISGALDO





OLA RAPAZADA!  A VOSA PROFE REBE TIÑA MOITOS GAÑAS DE POÑERSE EN CONTACTO CON VÓS.

TEN UN NOVO BLOGUE DE EDUCACIÓN FÍSICA.

Botádelle unha ollada!!! Mañá teredes unha gran sorpresa.

O novo blogue aparece cando entrades no blog na columna onde están os blogs de interés.



viernes, 24 de abril de 2020

Propostas de Relixión



Ola nenos e nenas! Son María Dolores a profesora de Relixión.

 Agardo que todos e todas xunto coa vosa familia vos atopedes ben.

Ahora que xa rematarían as vacacións, teríamos que volver ao cole pero xa sabedes que non podemos sair polo perigo de enfermar e estamos obligados a quedar na casa.

Entretanto non volvemos a escola propóñovos que unha vez a semana que é cando teríamos clase que vírades en Internet uns vídeos, pedídelle a vosa familia quwe vos axude a buscalas, deixovos as direccións.

Tárdame moito volver a estar con todos e todas vos pero ata entón temos que obedecer e estar na casa.     

Unha forte aperta desde lonxe da vosa profe de reli.


 Historia de una gaviota y el gato que le enseñó a volar




Grandes Héroes y Leyendas de la Biblia - David y Goliat
Grandes Héroes y Leyendas de la Biblia - Los Apóstoles Después De La Resurrección de Jesús
Grandes Héroes y Leyendas de la Biblia - La Historia de Moisés
="MsoNormal" style="background: #F9F9F9; mso-outline-level: 1;"> Sansón y Dalila Grandes Héroes y Leyendas de la Biblia

ANIVERSARIO DE VEGA E ROI

Durante este periodo de confinamento dous membros e compañeiros da clase de 1º están ou estiveron de aniversario.

Xa sodes uns " rapaces ". Agárdamos que disfrutarades dese día tan especial coas vosas familias e esperamos poder celebralo xuntos moi pronto.

PARABÉNS VEGA E ROI!


Dende a distancia cantámosvos esta canción:



E aquí tedes a tarta virtual!




PREPARÁDEVOS ASTIGAR E IVÁN QUE SODES OS SEGUINTES!!!



miércoles, 22 de abril de 2020

22 de abril. Día da Terra.

Hoxe é o día da Terra, un día moi especial que nos recorda que o noso Planeta é moi importante e que sen el non sería posible a vida. Por iso temos que pensar accións de coidado e mellora e pasar á acción. Recordade que cada pequeno xesto, CONTA!

No blogue da biblioteca tedes unha sorpresa en forma de vídeo e unha proposta de actividade moi chula. Non deixedes de visitalo! 

*A partir de agora, dende a columna da dereita no apartado Blogues de interese, poderedes acceder clicando enriba dos nomes ás diferentes bitácoras do centro.

domingo, 19 de abril de 2020

AMIGOS ESPECIAIS


Ola rapaces! Sei que a todos vós os gustan os animais e que moitos tedes mascotas.
Hai outros que aínda que non tedes mascotas, gustaríavos  ter un animal de compañía ou mascota nas vosas casas. 

Eu cando era pequerecha coma vós tiña uns peixes laranxas moi bonitos a os que lle daba de comer e coidaba.

 Fai uns meses no meu garaxe un paxaro ( merlo ) fixo o seu niño e tiña 3 ovos dos que sairon uns paxariños pequenos. Cando esos paxaros pequeniños poideron voar fóronse a outro lugar. 

Ben, agora vós quero presentar a uns "amigos" que son especiais para min e os meu veciños. Son uns animaliños que conviven ao redor da miña casa. 
Mini a cadela do Matías de 5 anos do cole de Galdo

Niebla e Nube. Nube é o poltro que ten 7 días de vida












Son os parrulos Donald e Daisy de Alberto




                 Estas son as galiñas e os pitiños da avoa de Saúl e de Saúl Arias

Pois aquí van as actividades:

Tedes algunha mascota ou animal nas vosas casas? Decide que animal é, o seu nome e podedes mandar unha foto del.

Se non tiverades animal ou mascota. Que animal vos gustaría poder coidar? Decide cal sería e poñedelle un nome. 
 Podedes facer un debuxo!.



jueves, 16 de abril de 2020

Reto matrículas

Asómate á ventá! Cada vez pasan menos coches, pero aínda algún pasa de vez en cando. Se non pasa ningún, pídelle á túa familia que se invente unhas cantas e chas dicte ;)

Colle libreta e lapis e, cando pase un, anota as 4 cifras que forman o número da matrícula. Se podes anota tamén as letras

Logo fai a suma dos 4 díxitos e intenta formar unha palabra con esas tres letras. Se non atopas ningunha, forma unha palabra que comece con cada unha das letras.

Por exemplo, se eu vise pasar un vehículo con esta matrícula faría o seguinte: 

1+2+3+4= 10 Bocadillos
En caso de non ocurrirseme ningunha palabra coas tres letras faría unha palabra que empezase por cada unha:
Bola, Casa, Dedo



Agardo as vosas actividades. Recordade o meu correo cintia.villarino@edu.xunta.es


Mestra Cintia

martes, 14 de abril de 2020

SOMOS SERES VIVOS?

Ola rapaces! Lembrades que antes de deixar de ir a o cole falábamos de animais? Pois queredes saber algo máis sobre os seres vivos? Sabedes como se chaman o que non ten vida?
Pois vós animo a ver un vídeo? Estade atentos que vou facer unhas preguntiñas...

Preguntas:

1-COMO SE CHAMA O ANIMAL QUE CAMBIA DE COR?

2-QUE COME?

3-PON 5 EXEMPLOS DE SERES INERTES.(PODES FACER O DEBUXO E POÑER O NOME)









Xa voltamos!



Moi boas rapazada! Estamos de volta (aínda que non podemos ir á escola de momento) destas "raras vacacións".

Entramos na recta final deste curso e esperemos vernos moi pronto para facer a nosa benvida e despedida despois deste confinamento. O primeiro de todo o que quero e compartir o vídeo que fixemos para vós e as vosas familias con todo o noso cariño o persoal que traballa no cole.



Pois agora vos propoño unhas actividades moi sinxelas:
Actividade 1:
* Escribide o nome dos instrumentos musicais que aparecen no video

Actividade 2:
* Que persoal traballa nun cole? Escribede nome da profesión e algo das súas tarefas

Actividade 3:
* Facede un debuxo ( do voso cole, do patio, con nenos....)







martes, 7 de abril de 2020

Vacacións



Queridas familias!


Durante estes días que serían de vacacións ( un pouco raras nas que non podemos viaxar nin disfrutar das nosas actividades habituais) non colgarei ningunha tarefa máis. Podedes ir facendo cousiñas das que vos mandei que aínda non teñades feitas .

Podedes aproveitar a xogar con cartas, xogos de mesa e xogos interactivos e tamén descansar un pouquiño coas vosas familias.

Pero Quen din que non podemos viaxar? A verdade é que o podemos facer coa nosa imaxinación
visitando moitos lugares a través do ordenador.


Un saúdo Eva