martes, 12 de mayo de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS


O próximo día 17 de maio celébrase o "Día das Letras Galegas" pero este ano a celebración vai ser completamente distinta.

Durante esta semana imos traballar esta celebración tan importante para nós que se adica a o escritor galego RICARDO CARVALHO CALERO.



No blogue da biblioteca ( BIBLIOGALDO)  tedes unha presentación multimedia na que podedes acceder a diferentes páxinas web de interese para saber máis sobre este personaxe e súa obra, e incluso xogar e poñervos a proba.

Sabedes o que é unha caricatura? Por se non o sabedes dicirvos que unha caricatura é  un retrato ( coma un debuxo) que esaxera as características dunha personaxe, pero creando un parecido que se pode identificar.facilmente.


CAL É O TRABALLO QUE TEDES QUE FACER OS DE PRIMEIRO?



O voso traballo é  facer unha caricatura sobre o escritor homenaxeado. Ten que ocupar todo o espazo dun folio e mantendo as súas formas. Para poder saber como é vades a páxina de Bibliogaldo (tedes o enlace no blog na parte dereita) e vades  onde pon actividades e recursos para as letras galegas.
Nun primeiro momento hai unha interacción onde podedes atopar xogos, actividades descargables...

E no segunda parte tedes un recurso feito en Genially onde están as actividades semanadas para cada un dos cursos. Entrades na aula de 1º e veredes a información necesaria e un exemplo de caricatura.


As caricaturas que fagades enviarmas a min como vos resulte máis fácil.

Estas caricaturas servirán para ilustrar os traballos que fagan os alumnos dos outros niveis.

1 comentario: