miércoles, 13 de mayo de 2020

A videoconferencia

*O contido desta entrada está dispoñible en formato audio no seguinte podcast:


Levamos moitos días sen vernos e, imos intentalo mediante unha videochamada. Sabedes o que é isto?
Unha videochamada é como unha chamada telefónica na que ademais de escoitar ás outras persoas tamén podemos velas.
Nós imos participar nunha videochamada grupal, na que participará moita xente. Este tipo de chamada ten unhas normas de funcionamento que hai que ter claras antes de organizala. Lede atentamente a seguinte información. Volvede a lela tantas veces como sexa preciso.

Que temos que saber?

- Temos que respectar o turno de palabra. Se isto é moi importante en calquer conversa, nunha videochamada moito máis. Se dúas persoas falan a un tempo, o audio non funciona ben e é imposible escoitar algo.  Levantade a man e a titora, que actuará como moderadora, irá dando o turno de palabra

- Debemos estar nun lugar libre de ruidos e onde non haxa outras persoas (evitar música de fondo, ventás abertas, estar preto do lavavaixelas funcionado...)

- A iluminación tamén é importante, para que se nos vexa ben. O fondo, canto menos recargado mellor, se podes escoller unha parede de fondo en lugar dunha estantería, moito mellor.

- Recorda que a túa imaxe importa. Acude á cita aseado e ben vestido. Haberá moita xente véndote. Igual que te arreglas para ir ao cole terás que facelo para unha videoconferencia. Non irías ao cole en bañador verdade? ;) - Sé puntual. Conéctate uns minutos antes, por se tes dificultades ter tempo a resolvelas. Sé tes algún problema para conectarte, envíame un correo electrónico.

Que imos facer? Como se vai estructurar?

- Imos comezar falando de un en un de aquilo que nos apeteza compartir co resto de compañeiros/as. Igual que facemos na asamblea no cole. Como nos sentimos? Que cousa nos gusta facer durante o confinamento? 

- Logo continuaremos facendo uns xogos. Para que podamos levalos a cabo sen dificultade explicaranse as normas ao comezo, se alguén ten dúbidas levantará a man e resolveranse. Unha vez comecemos a xogar só contestará aquela persoa á que se lle de o turno de palabra. Recordade que somos moitos e temos que respectarnos ;)

- Durante a videoconferencia faremos unha pausa duns 15 minutos, a modo recreo, no que poderedes falar entre vós sen que a profe esteña presente. Recordade neste tempo non falar cando outro fala. Aproveitade os silencios para intervir.

Que ides necesitar?

 - Lápis, goma e papel onde anotar.

Apetécevos facer esta videochamada?  Que é o que máis vos apetece?  Agunha suxerencia ou idea? Escribideo en comentarios ;) 

Próximamente recibiredes por Abalar e ClassDojo a data e hora de reunión, así coma os datos de acceso.  Nos vos esquezades de ver o videotitorial de acceso para estar preparados chegado o momento.


*Na pista de audio digo algo de forma errónea, punto para aquel que sexa quen de averigualo ;) Se me cazastes, escribideo en comentarios.

6 comentarios:

  1. Hola son Pablo eu prefiro conectarme as 17:00 porque as 11:00 ten que conectarse miña irma.
    O fallo e que dixeche 20 minutos de descanso e son 15 minutos.
    Xa me tarda vervos a todos.

    ResponderEliminar
  2. hola,soy Astigar,yo me prefiero conectar a las 5,pero si tiene q ser a las 11 no tengo problema.El fallo es q dijiste q tendríamos 20 mints de descanso y son 15.no tengo problema de q sean los 20,ya q me tarda mucho hablar con mis amigos.

    ResponderEliminar
  3. Ola! Son Vega e eu tamén prefiro a videochamada ás 17:00.
    O erro na pista de audio está en que onde dis que son 20 minutos deberías dicir que son 15.
    Xa me tarda vervos a todas e todos, ímolo pasar ben!

    ResponderEliminar
  4. Valeria:
    Hola, son Valeria eu tamen prefiero as 5, .
    O erro esta en que tes que dicir 15 minutos de descanso e dixeches 20.
    Tardame ver os meus amigos!

    ResponderEliminar
  5. Hola son Roi, prefiro as 17, xa que po la mañá, ten Brais todos os días videoconferencias.

    ResponderEliminar