viernes, 27 de marzo de 2020

Reto matemático

Hola rapaces e rapazas, son a mestra de mate e tamén estou por aquí. Como sei que vos gustan os retos matemáticos e que vos poñan a proba...imos alá! 


Levan dicindo nas noticias varios días que os supermercados se están a quedar sin existencias de papel hixiénico. Non porque a xente merque moito, senón porque os paquetes son moi grandes para almacenar e teñen menos cantidade no almacén en stock. Así que tranquilos, non nos imos quedar sen papel!



Ben, agora preguntade á vosa familia onde gardan as existencias de papel hixiénico para poder comezar a traballar.

Ide lendo e contestando pregunta a pregunta. Non pasedes á seguinte ata non contestar a anterior e ide anotando e explicando as respostas por escrito nun papel. 


1. Colle os paquetes de papel hixiénico.

 - Cantos paquetes de papel hixiénico tes na casa? 
 - Cantos rolos de papel ten cada paquete?
 - Entón, cantos rolos de papel hixiénico tedes en total?
 - Pensa en cantas persoas vivides na casa e reparte. Cantos rolos de papel vos tocan a cada un? Sobra algún? Poderías repartilos dalgunha maneira distinta?
 - Cres que vos chegarán para unha semana ou teredes que mercar máis?

2. Colle un deses rolos e corta pola liña de puntos un dos anacos de papel.

 - Colle a cinta métrica e observa o espazo que ocupa 1 cm. Mira agora o rolo de papel, pensa e escribe cantos centímetros cres que mide?(Estimación)
 - Logo, colle unha cinta métrica e comproba  o que mide. 
 - Reflexiona, pasáchete ou quedáchete corto? Por cantos cm?


3. Mírate ao espello e colle un paquete de rolos de papel e unha cinta métrica.

 - Pide axuda para medirte. Canto mides?
 - Agora mide ti a un membro da túa familia. Canto mide?
 - Quen mide máis dos dous? Quen mide menos?
 - Colle un rolo de papel hixiénico e, coa axuda da cinta métrica dime, canto mide de alto?
 - Sabendo esto, cantos rolos de papel cres que necesitarías apilar para crear unha torre igual de alta ca ti? E co teu familiar?
 - Comprobao. Estabas no certo? Cantas rolos de máis ou de menos criches que ías necesitar para ti? E para o teu familiar?

4. Agora mándame por correo electrónico (cintia.villarino@edu.xunta.es)unha foto do papel onde anotache e explicache todas as respostas e unha foto xunto á torre de papel hixiénico. Será divertido velas ;)































No hay comentarios:

Publicar un comentario