domingo, 22 de marzo de 2020

O MEU DIARIO


Moitos días durante o curso facemos expresión oral na que vós, peques me contades o que fixechedes o día anterior, a fin de semana. 

Eu cando era pequerrecha, encantábame escribir e debuxar no meu diario na que poñía cousas que me interesaban ( con que xogaba, o que facía na escola, ás festas as que ía cos meus amigos...)

Pois agora é o voso momento, terías que facer o voso propio diario no formato como vós queirades (como se fose un libro, un cartafol...) o deixo á vosa imaxinación.
Non tedes porque escribir moito, cun pouquiño chega e incluso facendo un pequeno debuxo.
Sería algo así:

Domingo, 22 de marzo 2020

Almorcei un zume de laranxa e un café. Estiven xogando con Saúl ao monopoly.

2 comentarios:

  1. Ola Eva eu empecei hoxe o meu diario,un bico para todos e saudos aos de 1°

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Alegróme moito e un biquiño tamén para ti e para os nenos de 2º.

      Eliminar