lunes, 23 de marzo de 2020

ANÍMATE A PARTICIPAR!



Sabíades  que o Concello de Viveiro está a poñer en marcha dúas iniciativas para  fomentar a creatividade de todos os nenos e nenas de Viveiro durante esta temporada
 que temos que pasar nas nosas casas?

Según reciba máis información das inscricións, datas de entrega... volo comunicaréi.

Seguide lendo!!!


viv.jpg


BIBLIO - MASCOTA

Mediante este concurso preténdese escoller a mascota da Biblioteca Pública Municipal durante o ano 2020.

Co debuxo que resulte gañador farase un peluche que, durante un ano se convertirá na mascota da biblioteca municipal. O neno ou nena que resulte gañador / a recibirá un lote de material escolar, ademais dun abono para as actividades infantís do Teatro Pastor  Díaz.

Pero moito ollo!! ... o debuxo que gañe non será o definitivo, posto que cada ano farán unha nova edición desde concurso para que todos teñades a posibilidade de ser os gañadores.


CARTEIS POSITIVOS

Esta actividade é facer carteis no que animedes a xente neste periodo no que non podedes facer a vosa vida normal.

Podedes enviar as vosas fotografías cos debuxos e mensaxes de ánimo que faigades ao enderezo electrónico rbg.cultura@viveiro.es, facendo constar o voso nome e apelidos.

Cando remate esta difícil situación, o concello organizará unha exposición cos traballos recibidos e editará un video conmemorativo destas  datas que están sendo tan complexas para todos.


FESTAAAAA

Unha vez que pase todo isto e poidamos voltar á normalidade nas nosas vidas, o concello organizará unha festa na Praza Maior para todos os nenos e nenas de Viveiro, como mostra de agradecemento polo ben o estades a facer estes días, nos que non podedes saír e nos estades demostrando que sodes pacientes e uns heroes.

Xa me tarda que chegue ese día e poder disfrutar da festa todos xuntos.



1 comentario:

  1. Ola Eva,moitas gracias pola información,xa enviei o debuxo coa mensaxe :)

    ResponderEliminar