miércoles, 22 de abril de 2020

22 de abril. Día da Terra.

Hoxe é o día da Terra, un día moi especial que nos recorda que o noso Planeta é moi importante e que sen el non sería posible a vida. Por iso temos que pensar accións de coidado e mellora e pasar á acción. Recordade que cada pequeno xesto, CONTA!

No blogue da biblioteca tedes unha sorpresa en forma de vídeo e unha proposta de actividade moi chula. Non deixedes de visitalo! 

*A partir de agora, dende a columna da dereita no apartado Blogues de interese, poderedes acceder clicando enriba dos nomes ás diferentes bitácoras do centro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario