martes, 7 de abril de 2020

Vacacións



Queridas familias!


Durante estes días que serían de vacacións ( un pouco raras nas que non podemos viaxar nin disfrutar das nosas actividades habituais) non colgarei ningunha tarefa máis. Podedes ir facendo cousiñas das que vos mandei que aínda non teñades feitas .

Podedes aproveitar a xogar con cartas, xogos de mesa e xogos interactivos e tamén descansar un pouquiño coas vosas familias.

Pero Quen din que non podemos viaxar? A verdade é que o podemos facer coa nosa imaxinación
visitando moitos lugares a través do ordenador.


Un saúdo Eva 

No hay comentarios:

Publicar un comentario