jueves, 30 de abril de 2020

EXPERIMENTO "OS PLÁSTICOS"

Ola rapazada! Este curso estivemos cun proxecto no cole sobre "Soñando Mares Transparentes" e se lembrades estivemos falando sobre a contaminación, os plásticos...

A nosa clase fixo un pequeno traballo de investigación sobre os plásticos ( onde vós díchedes e comentáchedes o que sabíades sobre os plásticos, o que vos gustaría aprender...). Coma remate final a ese proxecto grabamos un vídeo sobre un experimento que tiña relación con ese tema.

Aquí tedes o vídeo que grabamos, fixádevos ben que despois os direi en que consiste o traballo a facer :




TAREFAS:
1- Responde a estas cuestións:


a) Que lles pasou a os tapóns de plástico?

b) Que podemos facer para facer que haxa menos plástico?


2- FAI UN DEBUXO DE COMO PODES AXUDAR A COIDAR O MEDIO AMBIENTE





7 comentarios:

  1. Hola,Son Sergio

    Pregunta nº 1

    Os tapóns de plástico seguían igual, non se descompuxeron.

    Pregunta nº2

    Para que haxa menos plástico unha das cousas que se pode facer é empregar materiais reciclables ou que se descompoñan sen perxudicar ó medio ambiente

    ResponderEliminar
  2. Os plásticos non lles pasou nada.
    Para ter menos podemos fabricar menos e reutilizar e reciclar os que hai usar.

    ResponderEliminar
  3. Hola son Quique.
    a) Non desapareceron, seguian igual.
    b) Reciclar,usar outros envases para non contaminar e non tirar as cousas por ahi.

    ResponderEliminar
  4. Mateo pico
    Hola. Os tapons seguiron igual.
    Reciclar. Intentar non usar plasticos, e separar a basura.

    ResponderEliminar
  5. Valeria:
    Hola, os tapons siguen igual,.
    Temos que reciclar e non utilizar cousas de plastico, nin
    tiralas o chan nin no mar. Temos que cuidar o mundo.

    ResponderEliminar
  6. Saray:
    Hola, os tapons siguen igual.
    Temos que reciclar e intentar separar a basura, sin tirar o chan ou no mar.

    ResponderEliminar