jueves, 16 de abril de 2020

Reto matrículas

Asómate á ventá! Cada vez pasan menos coches, pero aínda algún pasa de vez en cando. Se non pasa ningún, pídelle á túa familia que se invente unhas cantas e chas dicte ;)

Colle libreta e lapis e, cando pase un, anota as 4 cifras que forman o número da matrícula. Se podes anota tamén as letras

Logo fai a suma dos 4 díxitos e intenta formar unha palabra con esas tres letras. Se non atopas ningunha, forma unha palabra que comece con cada unha das letras.

Por exemplo, se eu vise pasar un vehículo con esta matrícula faría o seguinte: 

1+2+3+4= 10 Bocadillos
En caso de non ocurrirseme ningunha palabra coas tres letras faría unha palabra que empezase por cada unha:
Bola, Casa, Dedo



Agardo as vosas actividades. Recordade o meu correo cintia.villarino@edu.xunta.es


Mestra Cintia

No hay comentarios:

Publicar un comentario